Cociña Especial Samain
por Gema oubiña

Curso Especial Samaín para os Pequechefs

Este Samaín, os máis pequenos poderán pasalo de medo no noso Curso Especial Pequechefs, onde aprenderán a cociñar pratos divertidos e terroríficos xunto a Gema Oubiña. Unha experiencia creativa e máxica para celebrar esta festa chea de sustos e sabor!

Menú do Curso:

  • Quesadilla Maligna: Sorprende con esta quesadilla especial que agocha un toque misterioso e moi sabroso.
  • Pasta Boloñesa con Ollos e Arañas: Un prato que asustará a todos cunha combinación divertida de pasta e elementos monstruosos.
  • Pan de Morto: Aprende a facer este pan tradicional, perfecto para a época de Samaín, con toda a súa historia e sabor.

Detalles do Curso:

Durante este taller, Gema Oubiña guiará aos pequechefs paseniño na creación destes pratos terroríficos, fomentando a súa creatividade e o amor pola cociña mentres se divirten.

Non perdas a oportunidade de vivir un Samaín moi especial e culinario. ¡Apunta aos teus pequechefs e prepárate para unha festa chea de sustos e sabor!

 

Xoves 31 de Outubro

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.